Acciones permanentes por los Derechos sociales en Vigo

{Galego}

As compas de Berri-Otxoak o din así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Estes camiños tratamos de andar, e semella que o tempo de loita na rúa, nos despachos, nos rexistros presentando escritos… deron froitos. Nos últimos meses denunciamos a opacidade na xestión das axudas emerxencia municipais (AEM), a ausencia dun protocolo que respectara o procedemento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos deixaban nunha situación de indefensión ante unha administración xorda ante a realidade social que viven as persoas.

A presión e as razóns que fomos quen de colocar trouxeron o recoñecemento da necesidade dun procedemento. Agora o concello recoñece que podemos presentar “a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou nos Centros Municipais de Servizos Sociais onde están as diferentes UTS.” Seguiremos pendentes de que as AME se resolvan coa mesma axilidade, xa que os responsables municipais dos servizos sociais apuntaron nalgún encontro que cumprir co procedemento podería ser sinónimo de atrasos na resolución.

A crise económica que sufrimos as persoas, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, os elevados prezos da vivenda, colocan a cada vez máis persoas en dificultades para ver cubertas as súas necesidades máis básicas. Isto fai que cada vez máis persoas véxanse na necesidade de acudir a servizos sociais para solicitar diferentes prestacións sociais coas que cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde… Por todo isto, estamos a informar das prestacións sociais que temos en Galiza e en Vigo, para facermos da información unha ferramenta máis na loita polos dereitos de todas.

O concello vén de colgar na web a información sobre as Axudas de Emerxencia Municipais. Se tes dificultade para rematar o mes acode a falar coa traballadora social da túa zona (lembra pedir o resgardo) ou directamente ao rexistro e solicita a AEM do concello. Hoxe ollamos para as axudas municipais, pero nuns días contaremos as mudanzas lexislativas en relación ás prestacións sociais da Xunta: RISGA e Axudas de Inclusión Social.

AXUDAS de EMERXENCIA SOCIAL

Os servizos sociais municipais, traballan co obxectivo de garantir a atención das necesidades básicas do conxunto da poboación, especialmente dos colectivos con maiores dificultades de inserción, de acordo cos principios da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia.

En xeral, e como metodoloxía de traballo, os servizos sociais municipais prestan unha atención integral ás persoas baseada no esforzo da súa autodeterminación e a potenciación dos seus propios recursos e os do seu contorno familiar e comunitario, contando cun conxunto de prestacións entre as que se inclúen as axudas municipais como resposta ás carencias graves na cobertura das necesidades básicas.

Para acadar ese fin apróbase o presente marco de actuación para o desenvolvemento dos procedementos aplicables para o outorgamento das axudas directas non periódicas, de caracter individual e de emerxencia, para o ano 2014, no marco xurídico definido na normativa reguladora das subvencións públicas e de acordo cos criterios normativos e regulamentarios aprobados polo Concello de Vigo de forma especifica, en relación coas subvencións, dentro das bases de execución orzamentaria.

:: Como facelo

– Presencialmente

– Presentando a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou nos Centros Municipais de Servizos Sociais onde están as diferentes UTS.

Consulte que Unidade de Traballo Social (UTS) lle corresponde.

Direccións e Teléfonos das UTS.

:: Prazos

Durante todo o ano.

:: Documentación requirida

Solicitude de axuda de emerxencia social

– DNI. De todas as persoas que convivan coa persoa solicitante e libro de familia se é o caso.

– Xustificante de ingresos familiares. Nóminas, certificados pensiones, IRPF do último exercicio realizado ou autorización aos servizos sociais para a súa consulta.

– Contrato de alquiler (Se é o caso.)

– Xustificante da necesidade para a que se solicita a axuda. Débedas de aluguer, hipoteca ou comunidade. Asinado polo propietario, banco ou comunidade de veciños.

– Xustificante de débedas de subministros.

– Xustificante médico no caso de axudas para gastos de atención sanitaria.

– Calquera outra que a persoa estime oportuno presentar

– Certificado de Vida Laboral

:: Observacións

O departamento de Servizos Sociais poderá solicitar calquera outra documentación que considere necesaria para a resolución da axuda solicitada.

:: Normativa Municipal

Bases do programa de prestacións individuais municipais non periódicas de emerxencia social para o ano 2014

Fonte: https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=379&la…

 

{Castellano}

Las compas de Berri-Otxoak lo dicen así: Infórmate, reúnete con otras personas y defiende los derechos sociales!

 

Estos caminos tratamos de andar, y parece que el tiempo de lucha en la calle, en los despachos, en los registros presentando escritos… dieron frutos. En los últimos meses denunciamos la opacidad en la gestión de las ayudas emergencia municipales (AEM), la ausencia de un protocolo que respetara el procedimiento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos dejaban en una situación de indefensión ante una administración sorda ante la realidad social que viven las personas.

 

La presión y las razones que fuimos quienes de colocar trajeron el reconocimiento de la necesidad de un procedimiento. Ahora el ayuntamiento reconoce que podemos presentar “la solicitud y documentación requerida en el Registro General del Ayuntamiento o en los Centros Municipales de Servicios Sociales donde están las diferentes UTS.” Estaremos pendientes de que las AME se resuelvan con la misma agilidad, ya que los responsables municipales de los servicios sociales apuntaron en algún encuentro que cumplir con el procedimiento podría ser sinónimo de atrasos en la resolución.

 

La crisis económica que sufrimos las personas, el desempleo, la precariedad, las pensiones de miseria, la cesta de la compra que no para de subir, los elevados precios de la vivienda, colocan a cada vez a más personas en dificultades para ver cubiertas sus necesidades más básicas. Esto hace que cada vez más personas se vean en la necesidad de acudir a servicios sociales para solicitar diferentes prestaciones sociales con las que cubrir los mínimos para la vida: alimentación, vivienda, salud… por todo esto, estamos informando de las prestaciones sociales que tenemos en Galiza y en Vigo, para hacer de la información una herramienta más en la lucha por los derechos de todas.

 

El ayuntamiento acaba de colgar en la web la información sobre las Ayudas de Emergencia Municipales. Si tienes dificultad para terminar el mes acude a hablar con la trabajadora social de tu zona (recuerda pedir el resguardo) o directamente al registro y solicita la AEM del ayuntamiento. Hoy miramos para las ayudas municipales, pero en unos días contaremos los cambios legislativos relacionados con las prestaciones sociales de la Xunta: RISGA y Ayudas de Inclusión Social.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *